Esta semana a gañadora do concurso semanal do facebook desfrutará do 'Dicionario Fraseolóxico do Mar', de Paco Rivas, editado por A Nosa Terra. Unha forma diferente de aprehender a cultura atlántica.
A pasada fin de semana o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro funcionou como anfitrión na entrega dos Premios Estatais da Prensa do Viño 2009. O Mosteiro de San Clodio foi o emprazamento no que se desenvolveu o acto no que os viños galegos acadaron sete galardóns.
A deputada do BNG Ana Pontón reclama a retirada do anteproxecto de lei polo que se suprime o organismo autónomo Servizo Galego de promoción da Igualdade e demandau políticas destinadas a favorecer as condicións laborais e salariais das mulleres.
A asociación eocolóxico-cultural SOS Courel vén de remitir unha denuncia á Fiscalía de Medio Ambiente en Incendios do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para frear o que denomina ‘corrupción forestal xeralizada no Courel’.
Xunto con Marcos Neira, prepara a 'Guía de tabernas e bares-tenda de Galicia' e, nun ano, pensan ter moi avanzado o traballo de campo e comezar a confección do libro. Nesta entrevista, Artur Sánchez Riveira fálanos da súa iniciativa e reclama a axuda do público.
Escritora, tradutora e feminista, Mónica Bar (Vigo, 1962) asina 'Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha' (Xerais), un traballo de investigación no que rescata e analiza o proceso de construción, reorganización e as liñas ideolóxicas e de traballo do feminismo galego dende 1975. A súa publicación coincidiu co centenario da declaración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.
A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario Socialista, Beatriz Sestayo, denuncia que a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, está cometendo 'unha inmensa fraude' no relativo aos pagos da dependencia, posto que está 'falseando datos' e 'denegando dereitos' aos grandes dependentes.
O Concello de Vigo conta cun novo servizo de tradución e interpretación de 50 idiomas destinado a inmigrantes que proporciona a través da Oficina Municipal de Inmigración e as unidades de traballo.
Dezasete colectivos denuncian a anulación das subvencións que recibían para organizar exposicións, homenaxes, charlas e outro tipo de actos relacionados coa Memoria Histórica. Do mesmo xeito, reclaman a difusión da mostra sobre a represión franquista da illa de San Simón que, aseguran, se atopa en ‘paradoiro descoñecido’.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística reivindica o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNL) como 'documento de referencia' na acción en materia idiomática da Xunta no 2009, ademais de destacar que 'máis de 100' actuacións levadas a cabo enmárcanse en devandita planificación, que inclúe un global de 445 medidas.
Descargar Tarifas