PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
43217
Financiamento privado en Vigo e Pontevedra
O PsdeG acusa a Xunta de 'hipotecar o futuro sanitario'
Hospital Xeral de Vigo Hospital Xeral de Vigo. Flickr

O portavoz de Sanidade do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Modesto Pose, criticou a 'irresponsabilidade' do presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, e da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, ao recorrer ao financiamento privado para construír os novos hospitais de Pontevedra e Vigo.

21.03.2010 | 11:39
43216
O BNG denuncia discriminación
O galego non existe nas campañas sobre o carné electrónico
Francisco Jorquera, coordinador executivo do BNG Francisco Jorquera, coordinador executivo do BNG. Jessica Barcala/AGN

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, vén de presentar unha iniciativa na que denuncia a discriminación da lingua galega por parte do Goberno español nas campañas para fomentar o carné electrónico.

21.03.2010 | 11:23
43215
'A Xunta levantou a veda para a especulación'
Unha zona protexida do Suído albergará unha canteira
Zona na que se prevé construír a canteira Zona na que se prevé construír a canteira

A Federación Ecoloxista de Galicia (FEG) denunciou que a Xunta 'levantou a veda' para a 'especulación' no monte co permiso de instalación a unha canteira no Coto de Eira (Pontevedra), que afecta á ampliación da Rede Natura 2000.

21.03.2010 | 11:05
43214
'É decisión de Pescanova'
A Xunta insiste en que será posíbel construír en Touriñán
Cabo Touriñán Cabo Touriñán

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asegurou que o texto pactado por PP e PSdeG para a reforma da Lei do Solo permite desenvolver proxectos en Rede Natura sempre que cumpran co que estabelece a directiva europea Hábitat.

21.03.2010 | 10:40
43210
'Se Feixóo revisa a norma'
O PSdeG absterase na votación da Lei do Solo
Vivendas en construción Vivendas en construción. Xan Carballa

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe a abstención do seu grupo 'de modo unitario' na votación da reforma da Lei do Solo, que irá a pleno esta semana, no caso de que o texto pactado por socialistas e populares co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, se 'revise' tras as palabras do presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo.

20.03.2010 | 15:12 | | 1 Comentario
43209
Di que a proposta pode ser asumíbel polo PSdeG e 'parte do BNG'
Lorenzo rexeita cambiar o decreto de reducirse a competencia en galego
Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística. Pepe Ferrín / AGN

O texto do proxecto do polémico 'decreto do plurilingüismo' no ensino non universitario está 'bastante maduro' e 'aquilatado' de cara á súa redacción definitiva. Así o considerou o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, sobre un texto que, malia reducir ao 33 por cento a presenza da nosa lingua, ve como unha 'proposta coherente' e 'realista' para a consecución dun 'equilibrio' entre galego e castelán nos centros educativos, que estará 'fixado' e garantido na nova norma.

20.03.2010 | 14:48 | | 17 Comentarios
43208
Rexeita as especies non autóctonas
Verdegaia esixe melloras na política forestal
Eucaliptos Eucaliptos

Co gallo do Día Forestal Mundial que se vai celebrar mañá, Verdegaia esíxelle á Xunta melloras na política forestal galega 'pola súa escasa sensibilidade e sostibilidade ambiental'.

20.03.2010 | 12:14 | | 3 Comentarios
43204
Viaxa aos países polo Congreso do PP
Feixóo tenta sumar afiliados no Uruguai e na Arxentina
Alberte Núñez Feixóo abrázase a un emigrante galego na Arxentina Alberte Núñez Feixóo abrázase a un emigrante galego na Arxentina. Pepe Ferrín/AGN

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alberte Núñez Feixóo, e a secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, participarán hoxe no III Congreso do PP español no Uruguai, que terá lugar no 'Centro Galego de Carrasco'. Neste país viven máis de 46.000 galegos e os 'populares' queren superar os 1.060 afiliados cos que contan neste momento.

20.03.2010 | 10:56 | | 5 Comentarios
43183
Aldeas da Raia Seca
A balada galega do Naraiama

A principios dos oitenta, Shohei Imamura, director de cine xaponés, realiza unha película chamada 'A Balada de Naraiama', que relata a costume dos anciáns de ir morrer ao monte Naraiama cando presentían que lles chegaba a hora. Esta lenda nipona está tamén presente en varias aldeas da Raia Seca, especialmente na Fraga, pertencente ao concello de Lobeira e na Azureira (Padrenda)

20.03.2010 | 09:15
43200
O BNG rexeita a iniciativa da Xunta
O PSdeG apoia a convocatoria dun novo concurso eólico
Parque eólico Parque eólico. Unión Fenosa

Os votos do PSdeG e PPdeG avalaron a convocatoria, no prazo ‘máis curto posíbel’, dun proceso de admisión a trámite de parques eólicos cunha potencia máxima de 2.325 megavatios, mentres que os 12 deputados do BNG rexeitaron esta iniciativa que promove un novo concurso de aproveitamentos eólicos tras suspender o realizado polo bipartito.

19.03.2010 | 11:45 | | 8 Comentarios
1
2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
···
667 Seguinte
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río