PUBLICIDADE
Sábado, 13 de marzo de 2010
42945
A entidade di que son 'casos puntuais'
Os sindicatos mobilízanse contra os despedimentos no Pastor
Xunta xeral de accionistas do Banco Pastor Xunta xeral de accionistas do Banco Pastor. AGN

As centrais sindicais con representación no Banco Pastor -UGT, CC OO, CIG, FITC e ELA- anunciaron a convocatoria de mobilizacións a partir da próxima semana para denunciar a 'redución' de postos de traballo na entidade financeira. Pola súa banda, fontes de Banco Pastor, consultadas por Europa Press, negaron que exista 'unha política continuada' de redución de emprego e cualificaron como un 'tema puntual' o despedimento de cinco traballadores recentemente en oficinas do sur de Galiza.

12.03.2010 | 18:15
42944
O Ibex-35 mantense por enriba dos 11.000 puntos
As Bolsas pechan a semana con poucos cambios
Indicador Nasdaq Indicador Nasdaq

O principal indicador da Bolsa de Madrid, o Ibex-35, pechou a semana cunha lixeira ganancia de case tres décimas porcentuais, nunha xornada na que reinou a indiferenza e a apatía dos investidores tamén no resto do mercados europeos.

12.03.2010 | 18:07
42943
'Aínda que só sexa por dignidade'
O BNG pídelle a Feixóo que rache a negociación sobre a Lei de Caixas
Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG. AGN

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, insta ao presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, a romper as negociacións co Goberno central sobre a Lei de Caixas e argumenta que estas negociacións 'non se poden prolongar eternamente, aínda que só sexa por dignidade'.

12.03.2010 | 17:46
42942
Aprobadas polo Estado hai case un ano
A Cámara insta a invalidar o concurso eólico
Parque eólico Parque eólico. CE

O Parlamento galego, cos votos a favor do PPdeG, en contra do PSdeG e a abstención do BNG, instou á Xunta a impulsar as actuacións 'pertinentes', incluídas as 'legais', para 'deixar sen efecto' o acordo do Consello de Ministros polo que se fixou a prioridade do rexistro definitivo de preasignacións eólicas -regulado polo Real Decreto 5/2009-.

12.03.2010 | 17:22 | | 1 Comentario
42941
Con adaptacións á actual crise
A Xunta mantén o Plan da Conserva do bipartito
Traballadora dunha conserveira Traballadora dunha conserveira. AGN

O director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Xoán Maneiro, admitiu que a Xunta mantén o Plan Estratéxico de Conserva aprobado polo bipartito no 2006, con 'adaptacións' á actual situación de crise.

12.03.2010 | 16:57
42879
Sobe un 0,9% en taxa interanual
Os prezos baixan tres décimas en febreiro

O Índice de Prezos ao Consumo (IPC) reduciuse tres décimas en febreiro respecto de xaneiro en Galiza, fundamentalmente influído pola caída nos alimentos e bebidas non alcohólicas e o vestido e o calzado. A redución interanual alcanzou o 0,9 por cento, segundo os datos difundidos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

12.03.2010 | 10:47
42869
Para contratar 9.500 persoas
A Xunta anuncia tres programas de formación e emprego
Alberte Núñez Feixóo preside a reunión semanal do Consello da Xunta Alberte Núñez Feixóo preside a reunión semanal do Consello da Xunta. Pepe Ferrín/AGN

O Goberno galego aproba un investimento de 66,5 millóns de euros para tres plans que, segundo o presidente da Xunta, suporán a contratación de 9.500 persoas que, tras traballar en administracións públicas, servizos sociais ou outras entidades, perderon o seu emprego.

11.03.2010 | 19:05
42833
O Ibex-35 aguanta por enriba dos 11.000 puntos
Recollida de beneficios nas Bolsas europeas
Bolsa de Frankfurt Bolsa de Frankfurt

O principal indicador da Bolsa de Madrid, o Ibex-35, cedeu nesta sesión case sete décimas porcentuais, pero aínda así mantense por riba dos 11.000 puntos. No resto de Europa tamén se rexistraron perdas, aínda que testemuñais.

11.03.2010 | 18:17
42805
Negociación sobre a Lei de Caixas
Feixóo invalida a Zarrías como interlocutor
Feixóo con Rueda e Currás no Consello da Xunta Feixóo con Rueda e Currás no Consello da Xunta. Xoán Crespo

O xefe do Executivo autonómico, Alberte Núñez Feixóo, invalida o secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías, como interlocutor estatal para solucionar o conflito aberto sobre a Lei de Caixas galega e manifestou o seu desexo de que o alto cargo andaluz 'non leve a negociación até o final'.

11.03.2010 | 14:32 | | 1 Comentario
42790
Día da Clase Obreira Galega
CC OO congregou en Ferrol unhas 3.000 persoas
Manifestación de CC OO en Ferrol co gallo do Día da Clase Obreira Manifestación de CC OO en Ferrol co gallo do Día da Clase Obreira. CC OO

Ao redor de 3.500 persoas manifestáronse onte en Ferrol 'en defensa do emprego e do fortalecemento do benestar' co gallo do Día da Clase Obreira Galega.

11.03.2010 | 11:13
1
2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
···
370 Seguinte
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río