Redacción . O escritor e lingüista faixe co Premio 'Arume' de poesía infantil convocado pola Fundación Neira Vilas. Rosalía Morlán e María Cansoa conseguiron senllas mencións de honra.
A princesa de Tarmundi é o libro co que Xoan Babarro gañou o Premio Arume de poesía infantil convocado pola Fundación Neira Vilas. O xurado premiou este poemario pola súa orixinalidade. O galardón, dotado con 1.000 euros e a publicación da obra, entregarse o domingo 13 de decembro. O xurado tamén concedeu dúas medallas de honra a Rosalía Morlán e María Cansoa. Babarro, coñecido pola defensa do galego na escola e a defensa da lingua galega en Asturias, conta no seu haber con varias obras narrativas infantís. Teatro todo o ano (1978), Primeiro libro con Malola (1987), O dragón de Gondomil (1989), Crónicas dos catro viaxeiros (1989), Kukamoto Canchés, o meu robot xaponés (1991), Contos de trabecín e trabezón (1993), A aldea das catro primaveras (1993), O día que se acatarrou a cheminea das Pontes (1993), e A princesa do cabaliño café (1994).
Xoán Babarro.
Tamén con obra de divulgación como Catasol. Vocabulario e folclore da Terra Navia-Eo (2002) e o ensaio Galego de Asturias. Delimitación, caracterización e situación sociolingüística (2003).
Descargar Tarifas