PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Programa de 10 concertos de artistas internacionais
'Xacobeo Importa' traerá a Galiza a Joan Baez

Redacción .  O ciclo de concertos 'Xacobeo Importa', inaugurarase este mércores, 2 de decembro, co concerteo de Vetiver e Fruit Bats no Pazo da Cultura de Pontevedra. Joan Baez actuará o 5 de marzo no Centro Cultural Caixanova de Vigo.

Reloxo 30.11.2009 | 12:53

Imaxe promocional de Vetiver Imaxe promocional de Vetiver

O programa Xacobeo Importa, que ofrece unha alternativa a eventos musicais de carácter masivo con distintos formatos (auditorios, teatros e salas) e por unha posta en escena especial, inclúe nesta nova edición actuacións de artistas como Joan Baez ou Vetiver.

A programación do ciclo, que busca a diversidade de estilos musicais, incorpora artistas próximos ao pop, música folk ou rock máis adulto ou fusión de músicas do mundo con figuras emerxente e consagradas.

A banda independente folk americana Vetiver, liderada por Andy Cabic, acompañada por Fruit Bats, será a que inaugure o festiva este mércores, 2 de decembro.

O ciclo, iniciativa de Xacobeo 2010, consta de 10 concertos que se presentarán ao público galego en actuacións únicas e formatos especiais. Aínda que Xacobeo Importa manterá como centro de actividade Santiago de Compostela, “fará o camiño” por outras cidades como Pontevedra, A Coruña, Ourense e Lugo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río