Redacción . O conxunto de Lotina, que se está a converter na revelación desta tempada, conseguiu unha sufrida vitoria no Sardinero. Grazas a un gol de Lopo na segunda parte, o Deportivo conseguiu manter o seu quinto posto na clasificación con 25 puntos.
Até mediada a primeira metade o partido foi máis ben aburrido. O Rácing intentaba levar a iniciativa coa fin de lograr a súa primeira vitoria en casa pero o que dominaba era o Deportivo, malia que de xeito pouco autoritario. Tras o paso polos vestiarios, o Rácing puido marcar na súa primeira xogada pero Aranzubía atrapou sen problemas o disparo de Geijo. Case inmediatamente, o conxunto galego tivo ocasión de adiantarse, máis non soubo aproveitar unha lea na área pequena e o balón acabou deambulando pola portería do cadro local. A partir de aquí, ambos os dous equipos alternaron ocasións sen éxito. A máis clara foi a que protagonizou Torrejón, despois dun saque de falta ao segundo pau que o porteiro do Rácing conseguiu desviar. Entón, cando o Deportivo parecía que baixaba a intensidade do xogo, chegou o ansiado tanto no minuto 76. Logo dun centro de Guardado, que tocou Riki, Lopo sacou a perna o xusto para mandar o esférico ao fondo da rede. O gol do central deportivista foi suficiente para que os galegos poideran sumar os tres puntos e consolidarse en postos europeos. Pola contra, o equipo de Portugal queda antepenúltimo na táboa.
Albert Lopo (esquerda) e Colotto.
-Rácing de Santander: Toño; Morris, Moratón, Torrejón, Christian; Munitis (L.García, 46’), Colsa, Lacen, Serrano (Canales, 67’); Geijo (Xisco, 75’) e Tchité
-Deportivo da Coruña: Aranzubía; A. Tomás, Filipe, Lopo, D. Colotto, M. Pablo; Lassad (Guardado, 82’), Mista ( P. Álvarez, 63’), J. Rodríguez, Sergio; Riki (Adrián, 88’)
-Goles:
0-1: Lopo (76’)
-Árbritro: Turienzo Álvarez (colexio castelán-leonés). Amoestou a Christian, Colsa, A. Tomás, J. Rodríguez e Sergio.
-Estadio: El Sardinero.
Descargar Tarifas