PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
En plexus sl estiveron altos cargos de cultura
Graves irregularidades no contrato da web do Xacobeo

Redacción .  Unha firma investigada polo Consello de Contas reformou a web do Xacobeo polo menos 20 días antes de que a Xunta lle adxudicase este contrato.

Reloxo 02.10.2009 | 09:21

Logo da nova web de Xacobeo.es Logo da nova web de Xacobeo.es. Plexus

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
A nova versión de Xacobeo.es está en liña cando menos dende o 10 de setembro. Así o proban os comentarios desatados ese día ao fío do redeseño no portal de noticias Chuza!. Porén, a Sociedade Anónima de Xestión do Plan do Xacobeo non adxudicou a reforma do portal até o 30 de setembro, polo menos 20 días despois.

A gañadora foi Pexus S.L., empresa da que foron directivos varios altos cargos do PP e da propia Xunta de Manuel Fraga.

Directivos que traballaron con Pérez Varela

En concreto foi administrador, Antonio Agrasar Cascallar, ex asesor de Telecomunicaciones da CRTVG. Tamén foi directivo de Plexus Xosé María Sánchez González, ex-secretario xeral da Consellería de Cultura. O superior de ámbolos era o conselleiro Xesús Pérez Varela.

O nome Plexus S.L. Xa saltara á prensa en 2007 na Comisión de Investigación da Cidade da Cultura. Daquela o BNG esgrimira un informe do Consello de Contas que detallaba varias irregularidades nas concesións da polémica obra da Xunta, dirixida por Pérez Varela, a esta empresa.

Contratos a dedo para a Cidade da Cultura

En concreto os fiscais públicos denunciaron o "fraccionamento da contratación" dos tres contratos adxudicados pola Cidade da Cultura entre 2001 e 2004. Ese fraccionamento tería permitido contratar sen publicidade nin competencia de ofertas a Plexus.

Desvelado por Perfecto Conde

A nova irregularidade na adxudicación da web do Xacobeo foi desvelada onte no blog do veterano xornalista Perfecto Conde. O ex-redactor de ANT destaca que a nova web do Xacobeo que xa en liña cumpría cos requisitos do prego de condicións antes da adxudicación, entre outras puntos escuros como a apertura das ofertas económicas sen a presencia de outras empresas candidatas.

O prego de condicións especifica que o novo portal debe contar con características que non tiña a anterior web co bipartito. Por exemplo, vídeos do Youtube ou catro seccións sobre natureza, espiritualidade, cultura e gastronomía.

Sorprendentemente estes cambios foron aplicados na web pública antes de que se resolvese o concurso rexido polo prego de contratación.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río