Redacción . 'Os sete cabuxos', 'Branca de Neve e os sete ananos', 'O galo Quirico' e 'Os catro amigos' son os catro primeiros títulos escollidos pola Editorial Galaxia para presentar a colección 'Audiocontos' que esta semana chegará ás librerías de toda Galiza e que domingo se presentou na Feira Cultural 'Achegarte' da Coruña.
Os audiocontos son unha fermosa proposta que conxuga a literatura de sempre cunhas versións dramatizadas, en CD, a cargo destas das voces dos actores de dobraxe Teresa Santamaría e Paco Barreiro, baixo a dirección de Tero Rodríguez. Efectos de son, músicas escollidas e a interpretación fan destes Audiocontos un produto novidoso que se presenta en galego e van acompañados dunhas animadas cancións que serven de pórtico e epílogo do conto.
Portada do audiolibro 'Os sete cabuxos'
Estes primeiros Audiocontos achegan as historias clásicas doutro xeito aos máis cativos. Non se trata de simples narracións, senón dunha proposta artística diferente e, ao mesmo tempo complementaria ao libro.
Descargar Tarifas