PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
ATÉ O 6 DE DECEMBRO
Comeza a Feira Internacional do Libro de México cunha importante presenza galega

Europa Press A Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México) comezou cunha forte presenza galega mediante a exposición compartida pola Consellaría de Cultura e as 24 editoriais reunidas pola Asociación Galega de Editores.

Reloxo 30.11.2009 | 07:02
TAGS: libros , feira , méxico ,

Manuel Rivas Manuel Rivas Galiza estará representada no evento que comezou o sábado con diversos actos e reunións de carácter profesional por escritores como Manuel Rivas, Alfredo Conde ou Fina Casalderrey; así como polo director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López; ou o presidente da Asociación Galega de Editores, Afonso G. Sanmartín.

Xunto a isto, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura organizou onte un taller de ilustración e cómic a cargo dos ilustradores galegos Kiko da Silva e Carlos Portela. A delegación galega participará atè o final da feira, o próximo día 6 de decembro, en diversas actividades como a presentación de libros, mesas redondas ou encontros de profesionais.

Actividades para o 2010

Ademais, a Xunta aproveitará para presentar o proxecto '2010 Ano do libro e a lectura' e proporá que en 2011, Galiza sexa "invitado de honra" na feira, un título reservado en cada edición a unha rexión ou país diferente. Este ano o invitado estrela é Los Ángeles.

Esta feira está considerada o evento literario máis importante do continente americano e conta coa presenza de 40 países e 600.000 visitantes dos que 17.000 corresponden ao sector profesional. Cada ano realízanse transaccións comerciais por valor de 16,7 millóns de euros, aos que hai que sumar os 5,3 millóns de euros en vendas ao público.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río