PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
O BNG pídelle á Xunta que reconsidere a supresión dos galardóns
Ana Pontón: 'O PP pensa que a cultura galega non merece uns Premios Nacionais'

Redacción .  O BNG pídelle ao Goberno galego que reconsidere a súa decisión de eliminar os Premios Nacionais da Cultura Galega. A deputada nacionalista, Ana Pontón, denuncia que 'detrás desta decisión non hai razóns económicas, senón a desvalorización da cultura' do país.

Reloxo 23.11.2009 | 11:28

Acto de entrega dos Premios Nacionais de Cultura no teatro Jofre de Ferrol, en marzo do 2008 Acto de entrega dos Premios Nacionais de Cultura no teatro Jofre de Ferrol, en marzo do 2008. X.M./AGN

A portavoz de Cultura do BNG, Ana Pontón, vén de presentar unha iniciativa na que lle demanda ao Goberno do PP que reconsidere a súa decisión de suprimir os Premios Nacionais da Cultura Galega.

Ana Pontón lembra que o Goberno Bipartito puxo en marcha esta iniciativa “coa finalidade de poñer en valor e dignificar os nosos creadores e creadoras, ao igual que se fai noutros países do mundo”.

A deputada nacionalista subliña que esta medida encamiñada a visibilizar a cultura galega “é común noutras nacións sen estado con cultura propia”. Sen embargo, a parlamentaria do BNG denuncia que “no ano 2009 o actual Goberno da Xunta decide eliminar este evento porque parece que non estima o suficiente a cultura galega para considerala merecente de tal evento”.

“Non son as razóns económicas -subliña-, senón a desvalorización da cultura da nosa nación, as causas que están detrás desta decisión”. Ana Pontón pídelle ao Goberno do PP que “reconsidere a súa decisión, porque aínda está a tempo de rectificar, e non prive á nosa cultura do apoio e relevo que merece”.

Deste xeito, a deputada do BNG pregúntalle ao Goberno de Feixóo se a Xunta ten previsto convocar no ano 2010 os Premios Nacionais da Cultura Galega; se se van manter as mesmas categorías do ano 2008 e se van reformular os contidos da orde que os regulaba.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río