PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Sen previo aviso
Pecha o Cinebox da praza Elíptica de Vigo

Redacción .  A Federación galega de Servizos (FES-UGT) asegura que os traballadores que Cinebox ten no centro comercial vigués da Praza Elíptica permanecen pechados nas salas de cine despois de que a empresa lles comunicara esta mañá de palabra o cese de súa actividade a partir desta tarde.

Reloxo 01.12.2009 | 17:56
TAGS: Cinebox , UGT , peche , Vigo ,

Salas de Cine-Box en Vigo Salas de Cine-Box en Vigo. Arquivo ANT

A delegada da UGT neste centro de traballo, Mónica Suárez, amosa a súa perplexidade polo xeito de actuar da empresa que ás 12h00 se dirixiu de xeito verbal a ela para comunicarlle o peche e a obriga de abandono por parte dos traballadores (13 directos e tres subcontratados) aos que se lles dará un mes retribuído pero ningunha outra explicación.

Segundo informa o sindicato, esta situación é consecuencia dunha negociación que se pechou esta mesma mañá entre o centro comercial e Cinebox cun acordo que prevé o abandono e cese de actividade destas salas de cine a partir de hoxe.

De feito, a media mañá, despois da conversa coa delegada da UGT, traballadores do centro comercial achegáronse ás salas de cine e procederon ao cambio de pechaduras cos traballadores dentro, que permanecerán nesta actitude até que alguén da dirección do centro comercial se dirixa a eles e lles aclare a súa situación de cara ao futuro.

Mónica Suárez tamén explicou que esta situación remóntase a primeiros de marzo cando Cinebox xa fixo este mesmo anuncio, de feito, enviou unha carta aos empregados comunicándolles que a partir do 1 de abril cesaban na súa actividade pero a finais de marzo mudaron de parecer e volvéronlles comunicar que todo continuaría igual, coa actividade normal dos cines. Cinebox ten tamén instalacións funcionando en Pontevedra, Narón e Ourense.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río