PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Grazas a próxima Comisión Bilateral
Rueda: 'Agardo que 2010 sexa un bo ano para o autogoberno'

Europa Press O secretario xeral do PPdeG e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, manifestou a súa confianza en que a próxima reunión da Comisión bilateral Xunta-Estado, convocada para o 22 de decembro, sirva para axilizar o proceso de transferencias pendentes e permita que o 2010 sexa 'un bo ano' para o autogoberno.

Reloxo 30.11.2009 | 19:25

Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia. Pepe Ferrín / AGN

"Esperamos que non haxa ningún problema e que o Goberno central siga mantendo o seu compromiso", sentenciou na rolda de prensa previa ao comité de dirección do PPdeG, e lembrou que hai varios traspasos -algúns que arrincaron co bipartito- que poderían materializarse "case de inmediato".

En concreto, o Consello da Xunta analizou en outubro un informe no que se determinan as 17 competencias que consideran "prioritarias" para Galicia. Do total, sete delas xa están en período de negociación.

Ademais, o presidente galego, Alberte Núñez Feixóo, envioulle o mesmo mes unha carta ao vicepresidente terceiro do Goberno e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, na que lle pedía "desbloquear" tras o verán o proceso, "que nos últimos anos sufriu unha certa parálise".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río