PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Secretario xeral de Política Lingüística
Anxo Lorenzo: 'No bipartito houbo unha falta absoluta de pedagoxía'

Redacción .  O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, considera que na lexislatura anterior houbo 'unha falta absoluta de información e pedagoxía sobre o que se pretendía facer'. Sobre o novo decreto, insiste en que será o do 'trilingüísmo' e no canto á toponimia, pensa que agora 'non procede' abrir un debate sobre o asunto tendo en conta que ningunha forza política o incluíu no seu programa electoral.

Reloxo 30.11.2009 | 16:28

Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística. AGN

Anxo Lorenzo non se amosa partidario de facer unha revisión do anterior goberno pero, en calquera caso, considera que na etapa do bipartito “unha parte da sociedade galega percibiu unha certa imposición” en materia lingüística. Segundo explica nunha entrevista en AGN, “algunhas medidas anunciadas ían nun sentir diferente do que se vivía” na rúa porque “houbo unha falta absoluta de información e pedagoxía sobre o que se pretendía facer”.

Ademais, o secretario xeral de Política Lingüística considera que arestora non existe debate social sobre a lingua pero si político. Neste sentido, asegura compartir a idea de “retirar a cuestión lingüística do debate partidario” e “ser capaces de ter un substrato común no que todas as forzas estivesen de acordo”.

No canto ao novo decreto, Lorenzo insiste en que “vai asegurar a competencia nas dúas linguas oficiais; introducir con máis forza os idiomas estranxeiros, sobre todo o inglés; e, ademais, imos seguir apostando por unha promoción efectiva do galego dentro dos centros educativos”. Malia e todo, pensa que as escolas non deben usarse como elemento compensador da ausencia do idioma propio nalgunhas partes de Galiza, sobre todo nas zonas urbanas. Dende o seu punto de vista, os problemas que poidan existir neste sentido deben atallarse con programas específicos.

'O bilingüísmo non lesiona ningún dereito individual'
Respecto á sentenza do Supremo que nega o dereito dos pais a elixir a lingua na que escolarizar os fillos, o secretario xeral considera que ten “dúas lecturas moi claras”. A primeira, “que o modelo que temos en Galiza de bilingüismo total, no que non hai segregación, non lesiona ningún dereito individual” e a segunda, “que son os poderes públicos galegos, concretamente a Xunta, os que teñen a responsabilidade de planificar o modelo lingüístico educativo”. “É unha responsabilidade estatutaria, derivada da Lei de Normalización”, precisa.
'Non procede abrir un debate sobre toponimia'
Por outra banda, estima que non é procedente abrir agora un debate sobre toponimia porque “ningunha forza política, nin nas eleccións municipais, nin nas autonómicas, levou este asunto no seu programa electoral”. Anxo Lorenzo pensa que “con moi bo xuízo os que fixeron a Lei de Normalización depositaron nunha comisión de expertos a propostas das formas oficiais para os diferentes topónimos”. Do mesmo xeito, estima que “todo o que se faga a partir de agora debería contar co máximo consenso posíbel”.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río