PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Caixas de aforros
Losada aposta por manter o peso económico da Coruña na futura fusión

Europa Press O alcalde da Coruña, o socialista Xavier Losada, avogou hoxe de novo por manter a 'galeguidade' das caixas galegas en calquera proceso de alianzas, á vez que reivindicou a posta en valor do 'capital acumulado' na cidade herculina ao redor das entidades financeiras.

Reloxo 30.11.2009 | 14:46

Javier Losada, alcalde da Coruña Javier Losada, alcalde da Coruña. AGN A preguntas dos xornalistas, o rexedor coruñés evitou pronunciarse sobre a proposta do PSdeG sobre unha posible "alianza virtual" entre Caixanova e Caixa Galicia, pero insistiu en que debe garantirse a "galeguidade" e a "fortaleza" das caixas.

Losada apostou tamén por que "as entidades financeiras estean sempre en territorio galego" e defendeu, ademais, a posta en valor "do capital acumulado desde a cidade ao redor das entidades financeiras", tras o que reiterou a súa idea de que se debe ter en conta o peso económico da Coruña na futura fusión.

No entanto, o alcalde da Coruña insistiu en que haberá que esperar á decisión que adopte o titular do Executivo galego, Alberte Núñez Feixóo. "O presidente da Xunta autoproclamouse como responsábel da decisión, agora haberá que esperar a ver que nos di", afirmou.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río