PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Privatización dos Servizos Sociais
Aymerich preguntará a Feixóo polos centros de día

Redacción .  O Grupo Parlamentario do BNG abordou hoxe na súa reunión semanal a situación dos servizos sociais en Galiza para levar ao Pleno. Os nacionalistas preguntarán ao presidente da Xunta sobre o futuro de 14 centro de día que o Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e Benestar prevé ceder a empresas privadas.

Reloxo 30.11.2009 | 14:19

Carlos Aymerich, portavoz do Grupo Parlamentario do BNG. AGN

O voceiro dos nacionalistas na Cámara, Carlos Aymerich, interrogará no próximo Pleno do Parlamento sobre a “privatización” dos servizos de atención para os 14 centros de atención de maiores que se abrirán o próximo ano, e de cuxa privatización xa advertira o BNG a semana pasada cando o xerente do Consorcio, Roberto Rodríguez, advertira que ceder a empresas privadas a atención de usuarios dos novos 14 estabelecementos constituía a “única opción” de abrilos.

O grupo parlamentario do BNG tamén preguntará sobre esta cuestión á conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato para “forzar unha postura dos dirixentes autonómicos, xa que até o de agora non deron a cara”, argumentou Aymerich.

Para o deputado nacionalista comentou que é necesario saber “cales son as contraprestacións” que se lle ofrecen a esas empresas privadas e engadiu que Feixóo mentiu cando dixo que a súa política de austeridade “non ía afectar aos servizos sociais”.

Desmantelamento servizos públicos

Os nacionalistas consideran que este é “o principio” do desmantelamento dos servizos públicos. Aymerich referiuse ao “espolio do patrimonio” para dar a empresas “afíns” a xestións dos servizos sociais e que a razón de ser do Consorcio está en xestionar uns servizos de forma pública, polo que prevé que o funcionamento destes 14 centros de días “rompen” os convenios firmados cos concellos para a apertura desas infraestruturas.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río