PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Xosé Manuel
Sarille
Continúa o espectáculo
 30.11.2009 | 17:19

O progresivo deterioro do BNG responde ao que din da cousa os manuais para aprendices. Primeiro é a incapacidade para gobernar a institución correspondente, despois, ou antes, a desorde, o descoñecemento das metas, que impide armar o programa e en consecuencia ensaiar o equipo. Xa na desfeita bótaselle a culpa aos do lado, aos que compoñen o resto da organización, coas simples, socorridas e variadas consideracións de falta de democracia interna e pensan os do outro lado que cantan mellor ca nós, cántanche a punta do nabo que mellor cantamos nós.

Máis BNG é basicamente iso, un coro de fracasados políticos que non queren recoñecer a enorme fraude ao electorado, cometida por eles durante a etapa do bipartito. Sinxelamente agardan a que a decepción instalada nos seguidores do nacionalismo se normalice e aprendan a convivir coa súa absoluta mediocridade. Politicaría en estado puro. E na UPG igual. Sobreviven todos por unha sinxela razón: o declive institucional  e identitario de Galicia non ten comparanza desde hai varias décadas. Por iso políticos tan funestos como Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana teñen aínda capacidade para levantar cabeza. E as tendencias do BNG, igual que o PSdeG, poden seguir dando voltas como dous bébedos. Pinceladas, ocorrencias e nada de nada. A última foi a que lanzou Guillerme Vázquez. Cómpre disolver as deputacións, dixo. Cando agardabamos algo máis, que iso se imbricase nalgún lado, nalgunha campaña, nalgún documento que sinalase o comezo de algo articulado, fíxose de novo o silencio. Nin unha no cravo.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río