PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Rebaixa ao 30% o míninimo da lingua
Folga nas aulas en defensa do galego no ensino

Manuel Vilas Presentación en Nadal e 30 por cento de materias en galego. Estas son dúas claves da estratexia do PP para reducir as protestas contra o seu polémico borrador de decreto lingüístico, segundo fontes do sector.

Reloxo 30.11.2009 | 12:07

Fotografía da manifestación do 18 de outubro Fotografía da manifestación do 18 de outubro. Pepe Ferrín/AGN Esquerda   1 / 3  Dereita   A Xunta xa ten sobre a mesa unha ameaza de folga antes de presentar o seu borrador de reforma do galego no ensino. Varios membros da Plataforma Queremos Galego (CIG-Ensino, STEG, Comités, Iesga, A Mesa, ASPG e Sindicato de Estudantes) anunciaron esta mañá que están listos para “paralizar as aulas” contra un Goberno que, na súa opinión, non cumpre a lei.

A data da protesta, dependerá de cando o Goberno cumpra a súa reiterada promesa de derrogar o decreto do bipartito. Queremos Galego sospeita que se presentará nas vacacións escolares de Nadal, para que cos alumnos e profesores non poidan artellar protestas. Ademais da educación obrigatoria, a plataforma quere estender o paro á universidade.

Cúmprese a norma que segue vixente?

O actual decreto promociona a lingua propia do país, cun mínimo dun 50 por cento de aulas en galego. Porcentaxe que o “Goberno insubmiso” non fai nada por cumprir, segundo denunciaron todas as organizacións citadas nunha rolda de prensa en Santiago.

“O anuncio dun novo borrador está xerando un incumprimento xeralizado dun decreto que permanece vixente”, alertou o portavoz de Queremos Galego, Francisco Rei, tamén directivo da Mesa pola Normalización.

A Administración non avalía se se cumpren as porcentaxes

Así, a Administración nunca avaliou (ou polo menos nunca presentou datos publicamente) a porcentaxe real de aulas que se están a dar en galego. Unha eiva da que son responsábeis tanto a actual Xunta como o bipartito.

Rei, Anxo Louzao (CIG) e Denís Bermúdez (Comités) alertaron de que por vez primeira na historia a Xunta apostará por un texto que supón un “paso atrás” na normalización. A Consellaría de Educación teima en que fará un decreto que aposte polas linguas estranxeiras e garanta o coñecemento dos dous idiomas oficiais.

O STEG alerta que hai menos material para algunhas aulas en galego

Malia que a Xunta garda silencio, fontes do sector do ensino consideran probábel que o PP reduza até o 30 por cento as aulas obrigatorias en galego, a mesma proporción da norma anterior ao texto do bipartito.

Dende o sindicato de mestres STEG, Sonia Fernández denunciou que a Xunta do PP xa tomou medidas concretas en contra do idioma, como “a retirada de recursos das aulas de infantil nas áreas castelanfalantes”.

LORENZO CULPA Á PLATAFORMA
Por que non hai diálogo entre a Xunta e Queremos Galego?

Tras a masiva manifestación que colapsou Santiago, o secretario xeral de Política Lingüística enviou unha misiva á Plataforma Queremos Galego para iniciar un proceso de diálogo. Anxo Lourenzo ten acusado reiteradamente os colectivos sociais de rexeitar a súa oferta, por non teren contestado á carta.

Silencio de Feixóo

Porén, Fran Rei (voceiro de Queremos Galego e vicepresidente da Mesa) asegura que Lourenzo si recibiu unha contestación. Iso si, tratábase da copia dunha carta ao presidente da Xunta. Nela Queremos Galego dille a Alberte Nuñez Feixóo que o diálogo debe ser co propio presidente, ao tratarse a lingua dun asunto transversal, que toca a moitas consellarías.

Rei tamén argumenta que, tendo en conta o tamaño da manifestación, debería ser o presidente quen, “por hixiene democrática”, asumise a negociación. O portavoz de Queremos Galego acusa a Feixóo de non ter enviado resposta.

Rei tamén asegura que, en todo caso, a presión social evitou que o PPdeG cumprise coa súa promesa de derrubar o decreto do bipartito en cen días.

Resposta nas rúas que, segundo alerta a CIG-Ensino, o executivo pretende desactivar presentando a nova norma en período vacacional, como fixo nas Escolas Oficiais de Idiomas.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río