Redacción . Este domingo máis de dous millóns de electores acudiron ás urnas na segunda volta para definir o novo presidente do Urugaui. Co 74,53 por cento dos votos escrutados oficialmente, José 'Pepe' Mujica resultou gañador na segunda volta electoral co 51,5 por cento dos sufraxios.
Con case o 75 por cento dos sufraxios escrutados, Mujica venceu as eleccións, seguido por Luis Alberto Lacalle, que obtivo 46,2 por cento dos sufraxios e quen unha vez coñecidos os datos, recoñeceu a vitoria do seu adversario da Fronte Ampla. O poder do pobo
José Mujica no colexio electoral.
O presidente electo do Uruguai dixo no seu primeiro discurso como mandatario electo que non lle dará as costas aos problemas do pobo e que estará xunto aos uruguaios nas "horas de dor".
O novo presidente do Uruguai, de 74 anos de idade, destacou que esta non é a hora dos discursos programáticos. "Estamos contentos, multiplícase o compromiso, viva a alegría, viva a esperanza, viva o compromiso".
Mujica recoñeceu os seus rivais dos partidos Nacional e Independente pola súa participación nas dúas voltas electorais e deulle as grazas especialmente ao presidente saínte, Tabaré Vázquez, porque grazas ao éxito e continuidade das súas políticas puido chegar ao poder.
Nestas eleccións non hai "nin vencidos nin vencedores", porque a contenda gañadora, "precisa a todos", salientou Mujica.
O novo xefe de Estado do Uruguai recordou que o cargo de Presidente é transitorio porque o permanente é o pobo.
Pola súa banda, Danilo Astori compañeiro de fórmula do electo presidente do Uruguai, fixo un chamado este domingo aos uruguaios para que sigan gobernando xunto á Fronte Ampla para continuar así traballando polo proxecto nacional , "sen vostedes non podemos facer o Goberno que queremos", dixo.
Fixo un chamado a todos os partidos para que participen na solución dos problemas nacionais e destacou o labor de Goberno do actual presidente Tabaré Vazquez.
Descargar Tarifas