PUBLICIDADE
Xoves, 11 de marzo de 2010
Rexina
Vega
Escritora
Dixital
 27.11.2009 | 12:58

Un dos debates máis interesantes que se está a dar aquí e agora é, sen dúbida ningunha, o do futuro do libro. É esta unha cuestión dada, como poucas, á clásica pugna entre apocalípticos e integrados, como rezaba o título de Umberto Eco. Poderiamos citar o tamén clásico enfrontamento entre Vellos e Novos. Con todo, e aínda que na banda apocalíptica sobranceen os maiores, que ven no dixital unha desfeita do valor da palabra escrita e na rede un lugar para a vacuidade, a pobreza expresiva e un saber xeneralista tan estenso como pouco profundo (e lembro aquí, de novo, a George Steiner na súa  famosa entrevista con Juan Cruz, onde, afirmaba que ningunha obra de valor era posible empregando un procesador de textos) o certo é que abundan así mesmo os profetas idosos, que abrazan sen reservas os novos soportes. Observo tamén, non sen certa sorpresa, que neste caso son xustamente as xeracións máis novas, as que medraron xa entre pantallas, as que agora manteñen unha prudente reserva sobre a desaparición do papel. Recente a saída dos primeiros e-books de Galaxia e Xerais, profesionais como María Yáñez ou Mario Regueira advirten sobre a tendencia á fechitización dos aparellos tecnolóxicos. Para eles o soporte electrónico ten sentido sempre que o que se escriba estea concibido, realmente, á maneira dixital. Conceptos como o hipertexto ou a lectura multimodal informan dunha nova literacidade, a electrónica, unha vía que, polo que fai á creación literaria, debe acabar de perfilar os seus camiños e lectores. O dixital polo dixital non é a panacea, outro cantar é a teima en opoñer “virtual” a “real”, unha oposición, esta si, claramente desfasada.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río