PUBLICIDADE
Sábado, 13 de marzo de 2010
En 440 millóns
Mato cifra a débeda estatal de Dependencia

Redacción .  A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, reclamou hoxe ao Goberno central que abone a Galiza ' o financiamento que lle corresponde' para o desenvolvemento da Lei de Dependencia e cifrou en 440 millóns de euros a apartación pendente do Estado para facer fronte ás solicitudes existentes na actualidade.

Reloxo 27.11.2009 | 12:05

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. Jessica Barcala/AGN

Na súa intervención na conferencia-coloquio do Fórum Nueva Economía, Mato demandou que o financiamento “se axuste ao que di a lei” e afirmou que a apartación que agora realiza a Xunta é do 80 por cento do Estado, fronte a un 20 por cento, “cando a lei recolle que debe ser dun 50 por cento”, engadiu.

A conselleira sostivo que un informe presentado no Congreso dos Deputados “é o que conclúe que o financiamento dos Gobernos autonómicos é agora dun 70  por cento” e precisou que os 440 millóns de euros que reclama a Administración autonómica son os que necesita Galiza para a tramitación da Lei de Dependencia “solo para as solicitudes” que hai, mentres que a apartación do Goberno central para este ano será “de 100 millóns de euros”.  

Críticas ao bipartito

Matos criticou a xestión do bipartito en materia de dependencia e sostivo que cando accedeu ao seu cargo atopouse cun “auténtico caos organizativo”, con máis de 30.000 persoas en lista de espera.

A conselleira anunciou que en decembro dará a coñecer o proxecto do decreto que pretende reducir a seis meses o proceso de tramitación desta lei.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río