Redacción . O presidente do Goberno estatal, José Luís Rodríguez Zapatero, admitiu ter lido 'con moito interese' o editorial conxunto publicado polos doce diarios cataláns en defensa do Estatut e amosou o seu respecto ao texto.
Pola súa banda, a portavoz do PP na Cámara Baixa, Soraya Sáenz de Santamaría, non quixo pronunciarse sobre o contido do editorial, pero remarcou que a orixe deste debate está na “irresponsabilidade” de José Luís Rodríguez Zapatero. Segundo a política conservadora, o xefe do Executivo comprometeuse “ao que non debería terse comprometido nunca”, de xeito que puxo “no punto de mira” un problema que se tiña que solucionar “doutro xeito, con gran consenso”.
Zapatero no Congreso dos deputados.
Descargar Tarifas