Redacción . Os grandes partidos cataláns apoiaron o editorial a prol do Estatut publicado este xoves por doce xornais. O PSC agradeceu o 'xesto extraordinario e sen precedentes' destes diarios con sede en Catalunya se sumou ao espírito da iniciativa. O mesmo fixeron CiU, ERC e ICV.
Para os socialistas, este xesto subliña "até que punto o presidente da Generalitat falou o domingo pasado no nome de Catalunya". Ese día, o tamén líder do PSC asegurou que unha interpretación restritiva do texto sería "o peor servizo" á Constitución e constatou a gravidade que supón atrasar o fallo. Os socialistas cataláns reiteraron hoxe nun comunicado que o PP debe retirar o seu recurso contra o Estatut, e criticaron "a intolerábel presión" que supón bloquear a renovación do Tribunal Constitucional. O editorial saiu publicado hoxe en La Vanguardia, El Periódico de Catalunya, Avui, El Punt, Segre, Diari de Tarragona, La Mañana, , El Nou 9, Diari de Sabadell, Diari de Terrassa, Diari de Girona e Regió 7, estes dous últimos do grupo Prensa Ibérica que tamén edita o Faro de Vigo. "Espírito de dignidade" A federación de CiU celebrou a iniciativa do editorial a favor do Estatut e animou o pobo catalán a seguir "o espírito de dignidade" que emana das portadas dos xornais que instan ao Tribunal Constitucional (TC) a respectar o Estatut aprobado en referendo e en defensa da dignidade catalá. Os converxentes aseguraron nun comunicado que a sentenza do TC sobre o Estatut pode representar "un momento grave" na historia catalá e "profundar nun desencontro non desexado". CiU recordou que o Estatut non representa unha norma administrativa "fría" froito do cálculo político e as circunstancias, senón un "depósito de esperanza" dun pobo que quere desenvolver o seu futuro en paz e prosperidade. Ademais, o portavoz de CiU no Congreso dos Deputados, Josep Antoni Duran i Lleida, negou que o editorial sexa unha "presión" ao Constitucional e destacou que, en todo caso, os que si presionaron os maxistrados foron PSOE e PP ao non renovar o pleno deste órgano. "Síntome emocionado" O conseller de Medio Ambiente e Vivenda da Generalitat, Francesc Baltasar (de ICV), amosouse "emocionado" co editorial conxunto a prol do Estatut. En declaracións a Catalunya Ràdio, asegurou que tras ler o editorial se sentiu máis apoiado e coa sensación de que, no caso de que o TC dite unha sentenza adversa, "se podería vertebrar unha gran resposta nacional". "Síntome cómodo e súmome" á demanda do texto, engadiu.
A fachada do Parlament de Catalunya
O portavoz de ERC no Congreso, Joan Ridao, eloxiou "a mostra de unidade" demostrada pola prensa e cualificou de "grotesco" que alguén poida entender este xesto como "unha medida de presión" contra o Constitucional.
O republicano defendeu que a mellor demostración ante unha eventual sentenza adversa do alto tribunal é que o próximo 13 de decembro a sociedade catalá acuda ás urnas para participar nas diferentes consultas soberanistas convocadas por 115 municipios.
Ridao reiterou que o TC xa non ten lexitimidade para decidir sobre a reforma catalá porque está "caduco e groseiramente politizado" e acusou de "grotesco" que alguén poida entender o editorial da prensa catalá como "unha medida de presión" contra o Constitucional.As emisoras de radio líderes con sede en Catalunya -RAC1, Catalunya Ràdio e COM Ràdio- adheríronse ao editorial. As cadeas expresaron a adhesión ao texto proEstatut ao longo dos principais magazines estrela da mañá.
Descargar Tarifas