PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Concellos galegos sen galego
 26.11.2009 | 12:14

Novo obxectivo na loita contra o galego: os Concellos. O director xeral de Administración Local da Xunta, Xosé Norberto Uzal Tresandí, ex-candidato de Falange Española Independiente nas eleccións ao Parlamento Europeo, vén de lles remitir a numerosos Concellos galegos unha circular, referida ás convocatorias de prazas efectuadas por estas institucións, nas que fai constar a directriz (ben coherente coa súa ideoloxía) de reducir aínda máis a incorporación do galego á administración local, chegando a manipular e amputar o que a este respecto determina a última modificación da Lei da Función Pública –xa de por si ben restritiva– operada no mes de xuño polo PP, e atrevéndose a ameazar directamente os Concellos no caso de non se someteren a ese superior designio.

Nada de probas en galego. Prohibidas! E advirte o director xeral coa intención de proceder directamente desde a Xunta á impugnación de calquera proceso selectivo nos Concellos que non declaren exentos da realización de probas en galego a aqueles aspirantes que posúan algún certificando de coñecemento. A propia lei matiza e suaviza esta intención, aínda que este director xeral oculta convenientemente na mesma comunicación de xeito evidentemente deliberado, co ánimo de secundarizar, até a súa eliminación, o noso idioma en usos oficiais e, en paralelo, anular o dereito de administrados e administradas a recibiren atención oral e escrita en galego, e a se dirixiren neste mesmo idioma á súa propia administración. Pretenden tamén perpetrar esta actuación contra Concellos que posúen ordenanza municipal en vigor (por certo, plenamente legal), que regula os procedementos selectivos de persoal desde unha perspectiva ben diferente, máis democrática e galega.

Chama, iso si, poderosamente a atención, a enérxica ameaza dirixida aos Concellos que ousen garantir competencias lingüísticas no seu cadro de persoal, mentres se garda clamoroso silencio ante aqueles outros que vulneran a legalidade (toponímica incluída), no relativo ao (cativo) marco de recoñecemento da oficialidade do galego. Apoio ao galego, prohibido baixo ameaza. Combate ao galego, asumido con agrado e silencio cómplice.
Bon traballo o deste falanxista. “España, unidad de destino en lo universal”. Estaranlle agradecidos. E o peor é que non representa no PP unha anécdota. Ese é o problema. É un máis, na mesma liña dos actuais dirixentes. Igualiño de galeguista que eles, ou que o secretario xeral de Política Lingüística, por certo ben calado neste tema, e que aínda non foi quen de demitir.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río