PUBLICIDADE
Domingo, 14 de marzo de 2010
Velo no páramo
 26.11.2009 | 12:13

Desde o 15 de novembro pódese dicir que estamos no “centenario” do primeiro en todo do cine galego e dun gran cineasta universal, Carlos Velo a quen no 1976 a Filmoteca Española lle dedica unha homenaxe, no 1977 as V Xornadas de Cine de Ourense, outra, á que asiste en persoa desde o seu exilio, México. No 1983 recibe o Premio Mestre Mateo, no 1985 unha retrospectiva homenaxe no Festival do Carballiño. No 1989 a Consellería de Cultura constituíu o Premio de Guións “Carlos Velo”. No 1998 o Galicien Zentrum da Universidade de Tréveris organizáballe unha homenaxe a Carlos Velo, coa proxección dalgúns dos seus filmes e documentais e na que participou Miguel Anxo Fernández. Aínda gardo a impresión da acollida da magnífica Torero, o debate sobre cine e literatura que provocou Pedro Páramo, a man de Arturo Souto pintando ou a voz de León Felipe en Los españoles republicanos en el exilio. Lembro os nenos de Morelia e a Velo detrás da cámara e, sobre todo, os anacos recuperados de Galicia, quizais metáfora do que somos: pobo esfarelado nun exilio que non dá regresado. Recoméndolles a lectura de tres libros coidados por Edicións A Nosa Terra, Memoria Erótica, Carlos Velo: Cine e exilio e As Imaxes de Carlos Velo, mentres me pregunto se non se vai (re)coñecer a obra de Velo, o seu legado, ou as súas ideas presentadas no Congreso de Emigración Galega. Cuestiono a función do CGAC, que ben debía situarnos no mundo cunha exposición sobre Velo. Cuestiono a Consellería de Cultura. Ningún congreso, ningunha exposición sobre Carlos Velo, que se saiba, nin programada antes nin despois das eleccións. Terra a Nosa.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río