Redacción . Doce cabeceiras diarias de Catalunya (La Vanguardia, El Periódico de Catalunya, Avui, El Punt, Segre, Diari de Tarragona, La Mañana, Diari de Girona, Regió 7, El Nou 9, Diari de Sabadell e Diari de Terrassa) saíron este xoves aos quioscos cun duro editorial cuestionando a autoridade do Constitucional e defendendo o Estatuto de Autonomía que o PP impugnou.
O editorial, que sae baixo o epígrafe "A dignidade de Catalunya", pide que non se rebaixe o Estatuto de Autonomía aprobado no Parlament, nas Cortes e en referendo didadá. O dilema real, sosteñen os doce diarios cataláns, é a aceptación da madurez democrática dunha España plural, ou o bloqueo da mesma; a progresión do espírito aberto da Constitución ou a súa revisión restritiva. "Hai motivos serios para a preocupación, xa que podería estar madurando unha manobra para transformar a sentenza sobre o Estatut nun verdadeiro cerrollazo institucional". O editorial conclúe cunha apelación a non confundir o actual clima crítico en Catalunya sobre os asuntos públicos coa indiferenza. "Que ninguén erre o diagnóstico, non estamos ante unha sociedade débil, prostrada e disposta a asistir impasíbel ao menoscabo da súa dignidade". E conclúen, os doce diarios, coa seguinte mensaxe: "Se é preciso, a solidariedade catalá volverá articular a lexítima resposta dunha sociedade responsábel".
Josep Montilla, presidente da Generalitat de Catalunya.
1 / 3
Descargar Tarifas