PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Manuel
Cidrás
Avogado
Non hai valor
 25.11.2009 | 18:09

Sei que vou ser malinterpretado, e non me seduce a idea, pero falo das conclusións dunha subcomisión dentro dunha comisión do Congreso dos Deputados, creada ad hoc para o seguimento da violencia machista. Non é caricatura grouchiana: o lector sabe, a lectora sabe. Están informados pola voceira da subcomisión dentro da comisión, que comparece diante dos medios e con riso nervioso di que as conclusións poden ser discutíbeis pero se adoptaron por unanimidade. Un contrasentido.

O discurso dominante é sempre do poder e sempre normativo, aínda que se lexitime a utilización dunha ideografía emancipatoria. O da loita contra a violencia chamada de xénero reproduce a deriva involutiva previamente testada na loita antiterrorista. O primeiro de todo nas palabras: o terrorismo machista como fenómeno, os violentos e as vítimas como suxeitos colectivos. Logo, no imperativo da acción indeterminada: algo hai que facer. Finalmente na fórmula: a confirmación dun dereito penal do inimigo (o violento), diferenciado do que se aplica aos delincuentes-persoas porque o inimigo é non-persoa. Por tanto: leis especiais, xulgados especiais, excepción da aplicabilidade das normas ordinarias, endurecemento das penas, contaminación penalista de ámbitos distintos do criminal... A loita contra o terror xustifica a excepcionalidade porque algo hai que facer.

Como a discrepancia se identifica coa sospeita de complicidades ignominiosas, as medidas discutíbeis adóptanse por unanimidade. Non hai valor. A unanimidade é punto de cita da covardía universal.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
Vota
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río