Manuel Vilas . Maiores e discapacitados non poden consultar páxinas con erros de nivel 1, como os que ten o novo portal dos conservadores.
Así, a ferramenta de referencia para medir o grao de accesibilidade no Estado, o test TAW, atopa até 27 erros de primeiro nivel en www.ppdegalicia.com. Regras internacionais O TAW aplica os estándares do World Wide Consortium (W3C). Permite detectar os erros que dificultan a consulta das páxinas por parte de, por exemplo, persoas con problemas de visión ou motricidade. Por exemplo, a existencia de erros de nivel 1 mostra que hai "un ou máis grupos de usuarios" que non poden acceder á información. Na web do PP tamén hai 71 erros de nivel 2, que mostran que certas persoas “terán dificultades” para consultar esa páxina. A web do PSdeG, a única sen erros de nivel 1 Iso si, o portal dos conservadores galegos non é o único con graves eivas de accesibilidade. Tamén o do BNG, con 17 erros de primeiro nivel, e 9 de segundo. Mellor parado sae o sitio do PSdeG, sen fallos de primeiro nivel e con 32 de nivel dous. De acordo á norma da UE, as administracións e as empresas que dan servizos públicos están obrigados a publicar webs que non conteñan, polo menos, erros de nivel 1. Por que é imprescindíbel cumprir coa accesibilidade en Galiza? Os erros citados nesta información proveñen dunha análise este luns pola maña. Ademais, son automáticos. É dicir, aqueles unicamente que o TAW detecta por defecto, sen que un deseñador comprobe manualmente máis posíbeis eivas. O cumprimento das regras do W3C é especialmente importante no ciberespazo galego, pois a autonomía lidera o Estado na porcentaxe de poboación con discapacidades. Máis de 292.000 galegos son discapacitados, un 11 por cento do total, fronte ao 8 por cento no Estado, segundo datos do INE de 2008.
Un dos erros graves de accesibilidade que o TAW atopa na nova web do PPdeG
O PP lanzou este luns a nova versión “3.0” da súa web. Os conservadores presumen da interactividade do novo portal, pero o certo é que a web suspende os criterios básicos de accesibilidade, que garanten que discapacitados e persoas maiores poden consultala doadamente.
Descargar Tarifas