PUBLICIDADE
Venres, 12 de marzo de 2010
Dominio galego
O Dépor vence o Atleti no desconto (2-1)

Redacción .  O Deportivo precisou un penalti no desconto para gañarlle ao Atlético de Madrid en Riazor (2-1). Pero a vitoria comezou a xestarse moito antes, cando os branquiazuis se repuxeron o temperán gol de Agüero e dominaron con moita fortaleza na meirande parte dos minutos.

Reloxo 21.11.2009 | 20:40

Andrés Guardado Andrés Guardado. Miguel Vidal/REUTERS

O Deportivo saíu a Riazor fronte ao Atlético con varias novidades, tanto de homes como tácticas. Miguel Ángel Lotina, castigado coa bancada, dispuxo un sistema con Riki arriba apoiado por Lassad e Mista.

O inicio non foi bo. No minuto 3, Sergio Agüero aproveitou un fallo de Lopo e marcou o 0-1.

Pero o Atlético de Madrid é un rival con moitas feblezas mentais e a pesar da vantaxe no marcador non conseguiu nunca a comodidade necesaria. Minuto a minuto, os deportivistas foron impoñéndose en todas as facetas do xogo e finalmente lograron o empate, no minuto 21. O Deportivo xa se volveu un clásico de rendibilizar o balón parado. O arxentino Diego Colotto marcou de cabeza tras o lanzamento dun córner.

Co empate marcharon os dous equipos descansar pero poucos en Riazor dubidaban de que o Deportivo estaba máis perto da vitoria que da derrota. Os xogadores madrileños eran superados unha e outra vez no segundo tempo, aínda que de cando en vez lanzaban algún contraataque que tivo que desactivar Aranzubia.

Conforme se achegaba o final do encontro, Riazor comezou a dubidar. Eran moitas as ocasións pero o reloxo chegaba ao minuto 90 e mantíñase a igualada. Mais no desconto acabou o sufrimento. Lopo cae na área atlética e Guardado fai o 2-1. Final feliz esperado e merecido para un Deportivo que se afianza nos postos de privilexio da primeira división.

Ficha técnica

Deportivo: Aranzubia, Manuel Pablo, Lopo, Colotto, Filipe Luís, Antonio Tomás, Juan Rodríguez, Mista (Adrián, 67'), Lassad (Valerón, 76'), Guardado, Riki (Paulo Álvarez, 83').

Atlético de Madrid: Asenjo, Perea, Pablo, Domínguez, Antonio López, Paulo Assunção, Maxi Rodríguez (Reyes, 83'), Raúl García (Cléber Santana, 35'), Jurado, Sinama-Pongolle (Simão, 56') e Agüero.

Goles: 0-1: Agüero, 3'. 1-1: Colotto, 21'. 2-1: Guardado, 96'.

Árbitro: Paradas Romero (andaluz). Amoestou a Riki, Mista e Manuel Pablo polo Deportivo e a Paulo Assunção e Pablo.

Asistencia: 18.000 espectadores en Riazor.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río