PUBLICIDADE
Xoves, 11 de marzo de 2010
O BNG DENUNCIA O PORTAL MONOLINGÜE NA CÁMARA
A Xunta quita os báneres da web só en castelán

Manuel Vilas 'Orella de cerdo a la feira' o 'carne en caldeiro'. Estas son algunhas das receitas de 'Gastromía de Galicia', portal só en castelán que presentou o xoves a Xunta. Sorprendentemente, horas despois de desatada a polémica sobre o monolingüismo da páxina, os báneres do Goberno desapareceron, malia que aínda se poden ver na caché de Google.

Reloxo 20.11.2009 | 07:00

Varela presenta en castelán Gastronomiadegalicia.com nun acto no CGAC

O conselleiro de Cultura presentou o xoves ao mediodía Gastronomía de Galicia, unha web que malia estar patrocinada pola Xunta só está en castelán.

Horas despois da presentación e tras informar ANT do monolingüismo da páxina, desaparecían do portal todos os logotipos da Xunta, un da Consellaría de Cultura e outro do Xacobeo.

Porén, a chaché de Google permite comprobar que o Goberno Galego está detrás deste portal monolingüe.

Varela presenta a web en castelán

É máis, foi o propio conselleiro de Cultura un dos encargados de presentalo no CGAG, un edificio deste departamento. Iso si, Roberto Varela presentouno en castelán, segundo proba o vídeo adxunto.

A Nosa Terra contactou coa Consellaría de Cultura para publicar a súa versión da retirada dos báneres. A administración non respondeu a esta petición nin detallou o seu grao de implicación en Gastronomiadegalicia.com

Versións contraditorias sobre a autoría

Horas despois de que ANT publicase que a web que se dispoñía a presentar Varela estaba só estaba en castelán, a Xunta lanzaba un comunicado no que se asegura que o portal é da Real Academia da Gastronomía Española. Alegación que se contradí co copyright publicado no propio sitio, no que se declara titular á empresa madrileña PJOB.

PREGUNTA PARLAMENTAR DE LOBEIRA E ADÁN
Cultura terá que dar explicacións na Cámara do monolingüismo da páxina que patrocina
O BNG reaccionou inmediatamente á presentación da web monolingüe por parte da Xunta. Así os os deputados Bieito Lobeira e Carme Adán presentaron o mesmo xoves unha pregunta parlamentar sobre a polémica.

“Resulta intolerábel este comportamento do Goberno de Feixóo: quen debera dar exemplo de cumprimento da legalidade, vulnéraa; quen debera facer gala de compromiso coa lingua e de vontade normalizadora, combate e elimina o idioma propio de Galiza”, láianse os parlamentarios.

Carme Adán e Bieito Lobeira consideran que “non hai excusas técnicas para este comportamento, e demóstrase que a Consellaría de Cultura e Turismo é un instrumento ao servizo exclusivo do proxecto do Partido Popular de desgaleguizar o noso país e expulsar a lingua galega dos usos oficiais”.

“Contratan a web a unha empresa de Madrid como se en Gailza non fósemos capaces de facela”


Ademais, os deputados do BNG denuncian que “a construción da páxina web foi contratada a unha empresa de Madrid, como se en Galiza non houbese capacidade nin profesionais que sexan quen de traballar pola popularización do Xacobeo 2010 e da nosa gastronomía”.

Ante esta situación, Carme Adán e Bieito Lobeira presentan unha iniciativa na que lle pregutan ao Goberno "se considera que existen atrancos tecnolóxicos que impiden a presenxa do galego nunha páxina web", ou é pola contra “unha decisión politica, consciente e deliberada”.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río