PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
Un detido por protestar contra a masacre
Xornada negra para raposos e ecoloxistas en Portomarín

Esther Rodríguez As tensións entre os opositores á caza do raposo e os organizadores e participantes na Copa de España foron a clave da xornada. Membros de Verdegaia denunciaron por agresión a cazadores.

Reloxo 27.01.2008 | 18:14

Cacería de raposos Cacería de raposos

Malia os intentos de boicot da vintena de asociacións ecoloxistas desprazadas até Portomarín, preto de 70 raposos foron abatidos durante a quinta edición da Copa de España de Caza do Raposo.

Dende primeiras horas da mañá ecoloxistas e cazadores botáronse ao monte, aínda que con motivacións completamente distintas. Nos enfrontamentos, resultou detido un dos membros da fundación “Equaanimal” por un suposto delito de resistencia á autoridade.

Os ecoloxistas empregaron dispositivos como altofalantes e bucinas para evitar a caza. Dende a plataforma “Matar por matar non” sinalaron que non existen argumentos que xustifiquen estes campionatos e solicitaron a Medio Ambiente a facer unha revisión dos plans cinexéticos.

Dende Verdegaia, o coordinador xeral da formación, Xan Duro, afirmou que "non sei exactamente cantas escopetas había, pero iso non era caza, era unha masacre", lamentou.

"Ameazáronnos con pegarnos co fusil", acusan dende Verdegaia
Xosé Antón Portela e Roi Seoage son os ecoloxistas que resultaron feridos do altercado entre os manifestantes e os cazadores. Ambos son membros de Verdegaia e, segundo relatou Roi Seoage a Europa Press, no momento dos feitos atopábanse no monte "vixiando aos escopetas para que non cazasen ilegalmente".

"Levaban as armas cargadas polo camiño, a pesar de que non está permitido", proseguiu Roi Seoage, "polo que lles sacamos unhas fotos". Con todo, cando un dos cazadores apercibiuse disto, avisou ao resto da cuadrilla, que se encarou cos ecoloxistas, sempre segundo estes. "Insultáronnos, ameazáronnos con que nos ían a pegar co fusil, con que iamos ter problemas...", recordou.

En metade da disputa, un dos cazadores, segundo explicou o propio Roi Seoage, agarrou a este polo pescozo coa man, e rabuñoulle, o que lle causou tres laceracións. "Ademais, seguiu ameazándome coa escopeta, sosténdoa polo canón, como querendo usala como un bate", explicou.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río